Vista normal Vista MARC Vista ISBD

La península de las casas vacías / David Uclés

por Uclés, David (1990-).
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries: ( Nuevos tiempos ; 529 ).Editor: Madrid : Siruela , 2024 Edición: 2ª ed.Descrición: 697 p. ; 23 cm.ISBN: 9788419942319.Resumo: Velaquí a historia da descomposición total dunha familia, da deshumanización dun pobo, da desintegración dun territorio e dunha península de casas baleiras. A historia dun soldado que se racha a pel para deixar saír a cinza acumulada, dun poeta que cose a sombra dunha nena tras un bombardeo, e dun mestre que ensina aos seus alumnos para facerse os mortos; dun xeneral que dorme xunto á man cortada dunha santa, dun neno cego que recupera a vista durante un apagamento, e dunha campesiña que pinta de negro todas as árbores do seu horto; dun fotógrafo estranxeiro que pisa unha mina preto de Brunete e non levanta o pé en corenta anos, dun gernikarra que conduce ata o centro de París unha camioneta cos restos fumarentos dun ataque aéreo, e dun can ferido cuxa sangue tinguirá a última franxa dunha bandeira abandonada en Badaxoz. Velaquí pois a historia total da Guerra Civil española e dunha Iberia agonizante onde o fantástico apontoa a crueza do real; onde os anónimos membros dun extenso clan de olivareros de Jándula cruzan os seus destinos cos de Alberti, Lorca e Unamuno; Rodoreda, Zambrano e Kent; Hemingway, Orwell e Bernanos; Picasso e Mallo; Azaña e Foxá; onde o épico e o costumista entrelázanse para tecer un portentoso tapiz, poético e grotesco, belo e delirante.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable CPI Plurilingüe Tino Grandío
Sala préstamo
N-C UCL pen Prestado Novela histórica 08/06/2025 LEH004000013651

Velaquí a historia da descomposición total dunha familia, da deshumanización dun pobo, da desintegración dun territorio e dunha península de casas baleiras.
A historia dun soldado que se racha a pel para deixar saír a cinza acumulada, dun poeta que cose a sombra dunha nena tras un bombardeo, e dun mestre que ensina aos seus alumnos para facerse os mortos; dun xeneral que dorme xunto á man cortada dunha santa, dun neno cego que recupera a vista durante un apagamento, e dunha campesiña que pinta de negro todas as árbores do seu horto; dun fotógrafo estranxeiro que pisa unha mina preto de Brunete e non levanta o pé en corenta anos, dun gernikarra que conduce ata o centro de París unha camioneta cos restos fumarentos dun ataque aéreo, e dun can ferido cuxa sangue tinguirá a última franxa dunha bandeira abandonada en Badaxoz.
Velaquí pois a historia total da Guerra Civil española e dunha Iberia agonizante onde o fantástico apontoa a crueza do real; onde os anónimos membros dun extenso clan de olivareros de Jándula cruzan os seus destinos cos de Alberti, Lorca e Unamuno; Rodoreda, Zambrano e Kent; Hemingway, Orwell e Bernanos; Picasso e Mallo; Azaña e Foxá; onde o épico e o costumista entrelázanse para tecer un portentoso tapiz, poético e grotesco, belo e delirante.

Coa tecnoloxía Koha