Silvar, Calros

O carballo / Carlos Silvar - 1ª ed. - A Coruña : Baía Edicións , 2012 - 41 p. : il. cor ; 35 cm - A aventura de vivir ; [1] .

Árbores

Nesta primeira entrega, Calros Silvar, cun texto moi sinxelo e de fácil comprensión para as lectoras e os lectores aos que vai dirixido e mesmo cunha presentación do protagonista, humanizado ao modo dos contos clásicos e tradicionais dos animais falantes, como guía do seu ecosistema para os visitantes que acoden a coñecelo. Asemade, vai explicando quen son as árbores e, concretamente, os Quercus e as diferenzas máis singulares entre as distintas especies, como nacen, se desenvolven e como evolucionan durante o seu longo período de vida. Alerta tamén dos perigos que o axexan no presente e fai unha chamada para procurar a súa defensa como un piar básico da conservación da natureza. Finalmente, achegándose ao terreo cultural, explica os usos que as persoas fixeron deles e a importancia que en determinados aspectos tiveron para a evolución de moitos pobos e a súa pegada na cultura popular.


3º-4º Primaria 5º-6º Primaria

9788499950372


Árbores
Carballo
Quercus
Botánica
Ecoloxía
Estacións do ano


Galicia--Enciclopedia

58

Coa tecnoloxía Koha