Canosa Blanco, María (1978-)

Emilia Pardo Bazán : unha mente poderosa / [texto], María Canosa ; [ilustracións], Bea Gregores - 1ª ed. - A Coruña : Bululú , 2021 - 44 p. : il. cor ; 25 cm

Este libro busca achegar a todos os públicos, aínda que especialmente aos nenos, a figura polifacética de Emilia Pardo Bazán a través de momentos da súa apaixonante vida. Sorprenderanos a nena curiosa e gran lectora, a muller namorada e independente e a autora de carácter, rebelde ao rol que se esperaba de toda dama nun ambiente social e familiar privilexiado. A través da lectura, o estudo e unha capacidade de traballo infinita, conseguiu ser recoñecida no seu tempo sobrepoñéndose, en non poucos momentos, ao desdén de moitos compañeiros e académicos mentres era recoñecida, nacional e internacionalmente, por público e crítica.
A ilustración, creada cunha particular utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza, inspírase e apoiase, ademais de nos textos sinxelos e ben documentados de María Canosa, en fotos e noticias da época, así como en monumentos e edificios que aínda existen hoxe, buscando recrear o ambiente e lugares que frecuentou a autora cunhas imaxes moi recoñecibles e atractivas.

5º-6º Primaria

9788418667053


Pardo Bazán, Emilia (1851-1921) - --Biografías
Pardo Bazán, Emilia (1851-1921) - --Biografías


Mulleres escritoras--Libros infantís
Mujeres escritoras--Libros infantiles
Biografías--Libros infantís
Biografías--Libros infantiles

929 Pardo Bazán, Emilia:087.5

Coa tecnoloxía Koha